Toda a actualidade do Castelo Conta e a actividade da asociación
Unha volta aos fogóns do Castelo Conta
Ao longo dos Vermús na Taberna do Castelo Conta 2026, dezaseis cociñeiros e cociñeiras achegaron a Castelo as súas propostas, os seus produtos e a súa maneira de entender a gastronomía. Agora que a festa rematou, propoñemos devolverlles a visita e seguir descubrindo o seu traballo nos restaurantes onde cociñan cada día.








