Entradas

Merca as entradas e anótate ás actividades do Castelo Conta

Xente miúda

Xente Miúda é o espazo do Castelo Conta pensado para que a cativada viva o festival desde dentro. Durante cinco mañás, os nenos e nenas inscritos, poderán participar nun programa de actividades que combina natureza, creación artística, música, teatro e xogo.

A noite do Castelo Conta

A Noite do Castelo Conta é o acto central do festival e o evento que lle deu orixe. Unha gran gala de humor que reúne algunhas das voces máis destacadas da comedia galega, acompañadas pola música da Galifunk Brass, nunha das citas máis agardadas de cada edición.

Concerto Xoel López e Antía Muíño

Xoel López, un dos grandes nomes da música contemporánea, chega ao Castelo Conta para ofrecernos un directo emocionante xunto a Antía Muíño, cantante e compositora galega coñecida polo seu estilo íntimo e a delicadeza acústica dos seus temas.

Tíckets para comidas

A mesa é unha parte fundamental do Castelo Conta: o sábado pola noite, a churrascada será o punto de encontro antes da Noite do Castelo Conta e o domingo ao mediodía, terá lugar o xantar do San Ramón, cunha polbada popular na polideportiva, dentro da tradicional Romaría.

Pulseira ‘Todo Castelo Conta’

A pulseira #TodoCasteloConta contribúe a facer posible a organización dun festival autosostible, apoiando directamente o desenvolvemento e a programación do Castelo Conta.

Ademais, coa pulseira terás prezos especiais nas barras do festival, con 0,50 € de desconto en cada consumición durante toda a semana, do 24 ao 30 de agosto.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.