A súa actuación abrirá o serán do mércores, poñendo en valor a tradición, o patrimonio inmaterial e o esforzo levado a cabo pola parroquia para manter viva a cultura popular.
Mércores 26
Vermús na Taberna
Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta, acolle unha nova edición dos Vermús na Taberna, unha proposta que reúne gastronomía galega, música en directo e encontro arredor da cultura do país.
A Gran Foliada
A noite grande das músicas populares: espontánea, participativa e chea de enerxía, a foliada do Castelo Conta promete deixar o torreiro tremendo.
‘As pegadas do Baile’
Un encontro para descubrir o baile tradicional galego desde a práctica, sen complexos e co único obxectivo de gozar bailando. Unha proposta aberta a todas as idades para aprender, compartir e manter viva unha das expresións máis populares da nosa cultura.
Xente Miúda
Xente Miúda é o espazo reservado para a cativada no Castelo Conta. Unha semana na que gozar dunha gran variedade de actividades.
Ailá
O espírito dunha foliada galega levado ao escenario: música de raíz, baile e unha proposta que revisita o repertorio popular con novos sons, arranxos e unha enerxía propia.
Balteira
A forza da música tradicional galega nas mans de catro músicos cunha ampla traxectoria, recuperando cantares e melodías para facelos volver aos torreiros.
Contos de Castelo
As tardes no Castelo Conta son para falar, escoitar e compartir. Os Contos de Castelo celebran a oralidade como ferramenta para gardar e transmitir a nosa memoria.







