Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta, acolle unha nova edición dos Vermús na Taberna, unha proposta que reúne gastronomía galega, música en directo e encontro arredor da cultura do país.
Luns 24
Factoría de Subsistencia
Unha proposta de rock con identidade propia, onde a canción de autor, a retranca e a forza do directo se mesturan para contar historias do noso tempo desde unha mirada propia.
Xente Miúda
Xente Miúda é o espazo reservado para a cativada no Castelo Conta. Unha semana na que gozar dunha gran variedade de actividades.
Orquestra Bravú Xangai
Un concerto especial e irrepetible: unha celebración do espírito bravú a través da música, a enerxía e a irreverencia que nesta ocasión renderá homenaxe a Finita Gay, unha pioneira da música galega e unha figura moi ligada á memoria de Castelo.
Contos de Castelo
As tardes no Castelo Conta son para falar, escoitar e compartir. Os Contos de Castelo celebran a oralidade como ferramenta para gardar e transmitir a nosa memoria.




