A décimo primeira edición do Castelo Conta arrincou co obradoiro de máscaras de Xente Miúda e o son de Factoría de Subsistencia no vermú. A xornada continuou cos Contos de Castelo que, xunto a veciñanza da parroquia, conmemoraron a historia de Finita Gay. E para pechar esta primeiro día, Bravú Xangai puxo o broche final cun concerto cheo de enerxía.






























