A última parada na ruta previa á proxección final do documental no Castelo Conta foi en Manzaneda. O pasado luns 17 de agosto tivo lugar na Praza da Igualdade, xunto ao Centro de Saúde Virxe das Ermitas, unha nova preestrea protagonizada polas historias, as lembranzas e as voces das mulleres da contorna. Con esta xornada pechamos a ruta de preestreas antes do encontro final no festival. Estas son algunhas das imaxes que resumen unha xornada chea de memoria, emoción e moitas voces compartidas.























