A penúltima parada no percorrido previo á estrea final de ‘Mulleres que Contan’ foi en Triacastela. O pasado domingo 16 de agosto, a Praza do Concello acolleu unha nova preestrea, nun encontro protagonizado polas historias, as lembranzas e as voces das mulleres da contorna. Xa queda moi pouco para que todas estas historias se reúnan nunha mesma peza: o 27 de agosto, no Castelo Conta, terá lugar a estrea do documental. Estas son algunhas das imaxes que resumen unha xornada de encontro, memoria e celebración xunto ás súas protagonistas.





















