A axenda da taberna
Durante a semana previa ao Castelo Conta a taberna acolle unha intensa programación de actividades abertas á participación da veciñanza de Castelo, pero tamén a todas as persoas que queiran achegarse. Gastronomía, xogos, concertos, literatura… Consulta todo o que temos preparado e anótate nas actividades que requiren inscrición!
MÉRCORES 19 AGOSTO

Unha tarde moi completa na taberna, cun obradoiro de bailes agarrados impartido por Pablo Díaz (18.00), a presentación de ‘O país invisible’, de Arturo Lezcano, coa presenza do autor, ás 19.30, ou os mexillóns recén chegados da Ría de Arousa (21.00). Remataremos co concerto de A Quinta Receita ás 22.00.
XOVES 20 AGOSTO
Aigi Boga e Adolfo F. Piñeiro, responsables da produción de fotografía e vídeo no Castelo Conta, impartirán pola mañá (para adultos ás 11.00) e pola tarde (para nenas e nenos, ás 17.30) un curso práctico para aprender a facer mellores fotos e vídeos co móbil. Pola tarde inauguraremos unha exposición de fotografía de Aigi Boga (19.00), recibiremos aos amigos de Estrella Galicia para unha cata de cervexa a cegas (19.00), aos de Méndez Rojo para unha cata de de viño (20.00), acompañadas dunha degustación de conservas e queixos (20.30), e pecharemos o día co concerto de Colorado (21.30).

VENRES 21 AGOSTO

A xornada comezará cunha cata de Cafés Lúa (12.00), antes de dar paso á sesión vermú con Airiños do Petouto ao mediodía, obradoiro de percusións galegas con Antonio Prado (19.00), antes dunha programación de cine de verán infantil en Folgueira (22.00).
SÁBADO 22 AGOSTO
As veciñas e veciños de Castelo competirán desde as 13.30 coas súas mellores elaboracións. Unha tapa por aldea, e que gañe o mellor! Sesión vermú co dúo Cro-Cró, e á tarde, circo infantil con Mr. Brandan desde as 17.00, debate aberto sobre as hortas en Castelo ás 18.30, concerto de Chuches Amil ás 19.30, un novo podcast de Vellenials en Castelo (20.30), e a cata dos tomates e verduras de Castelo (21.30).

DOMINGO 23 AGOSTO
Á tarde a rapazada de Castelo debatirá sobre a festa que virá, sobre o que elas e eles queren que sexan as festas no futuro (19.00). Remataremos a xornada con outra sesión de cine de verán, nesta ocasión co documental Todo pode esperar (22.00)
