Todo o que tes que saber sobre a eclipse en Castelo

A deste mércores será unha tarde moi especial. Desde o Castelo Conta organizamos un visionado desde Folgueira, nun monte que preparamos para a ocasión coa axuda das e dos veciños durante estas semanas. Por suposto, non faltará a música e a gastronomía. Máis Enerxía, un dos patrocinadores do festival, fai posible esta iniciativa.

Todo o mundo está preparado para este 12 de agosto, e nos xornais non se fala doutra cousa. É unha eclipse total de sol única a que desfrutaremos este mércores coa debida protección dunhas gafas homologadas.

En Castelo preparamos un visionado desde Folgueira, nunha zona habilitada con visión completa ao noroeste, sen obstáculos para observar o sol entre 19.30 e 21.30, se a meteoroloxía o permite.

Esta é a ubicación. A 100 metros do centro de Folgueira, na estrada que une o centro de Castelo con Tabeaio ou Altamira. Un monte en pendente no que instalaremos bancos de madeira, cun aforo máximo que establecemos en 400 persoas. O visionado provocará un corte de tráfico entre as 18.30 e as 22.00 na estrada DP-1708, que obrigará a desviarse por Vilaverde.

O aparcadoiro habilitado será o do Campo da Festa, ao pé da Polideportiva de Castelo e a 200 metros da zona de visionado. Entre medias está o centro de Folgueira, onde se ubica a taberna do Castelo Conta, e onde celebraremos a festa posterior.

Ao carón desta zona instalaremos unha barra de auga e cervexa, e tamén poderás desfrutar dunha ampla oferta de comida e bebida na taberna. Ao remate do visionado comezará o concerto de Böj, e serviremos racións de churrasco a un prezo de 15 euros, incluíndo o pan.

Que precisas para participar no visionado?

Tendo en conta que se trata dun evento organizado polo Castelo Conta, precisamos garantir a seguridade de todas as persoas que participen, polo que só será posible acceder á zona de eclipse coa pulseira #TodoCasteloConta, que ten un prezo de 10 euros.

Esta pulseira poderase reservar ata as 14.00 horas do 11 de agosto en casteloconta.gal, e de forma presencial en Casa Rodríguez ata esgotar existencias.

Se xa a tes reservada, podes recollela desde a tarde deste martes, a partir das 16.00, en Casa Rodríguez.

Coa pulseira recibirás unhas gafas de visionado homologadas, e un ticket co que desfrutar dunha consumición durante ou despois da eclipse. Coa propia pulseira terás tamén un desconto de 0,50 € en todas as túas consumicións durante a semana do Castelo Conta, do 24 ao 30 de agosto.

E para as veciñas e veciñas de Castelo…

A pulseira será de balde exclusivamente para aquelas persoas que a reserven antes das 14.00 horas do 11 de agosto en Casa Rodríguez ou no 689 882 972. O criterio para fixar quen recibe a pulseira de balde o establece a Comisión de Festas de Castelo, e refírese a aquelas persoas que teñan en Castelo a súa vivenda habitual.

Taboada reivindica unha vellez acompañada EN ‘Mulleres Que Contan’
Castelo vive a eclipse desde a natureza
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.