Unha tarde moi especial para desfrutar da eclipse total de sol desde Folgueira, nunha zona habilitada especialmente para o visionado e con vistas abertas cara ao noroeste. A actividade continuará despois da eclipse con gastronomía e música na Taberna do Castelo Conta.
A eclipse en Castelo
O Castelo Conta prepara unha tarde moi especial en Folgueira para desfrutar da eclipse total de sol do 12 de agosto desde unha zona habilitada especialmente para o visionado.
A zona estará situada nun monte a uns 100 metros do centro de Folgueira, na estrada que une o centro de Castelo con Tabeaio ou Altamira. O espazo contará con bancos de madeira e terá un aforo máximo de 400 persoas.
O visionado terá lugar entre as 19.30 e as 21.30 h, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Para garantir a seguridade, será imprescindible utilizar as gafas homologadas que se entregarán coa pulseira de acceso.
O acceso á zona de eclipse será exclusivamente coa pulseira ‘Todo Castelo Conta’, cun prezo de 10 euros. Inclúe:
- Gafas homologadas para o visionado da eclipse.
- Unha consumición durante ou despois da actividade.
- 0,50 € de desconto en todas as consumicións durante o Castelo Conta, do 24 ao 30 de agosto.
As pulseiras poderanse reservar ata as 14.00 h do 11 de agosto a través da web do Castelo Conta e presencialmente en Casa Rodríguez, ata esgotar existencias. As persoas que xa teñan feita a reserva poderán recoller a súa pulseira desde a tarde do martes 11 de agosto, a partir das 16.00 h, en Casa Rodríguez.
As persoas que teñan a súa vivenda habitual en Castelo poderán solicitar a pulseira de balde, segundo o criterio establecido pola Comisión de Festas de Castelo. Para facelo, deberán reservar antes das 14.00 h do 11 de agosto en Casa Rodríguez ou chamando ao 689 882 972.
Aparcadoiro e acceso
O aparcadoiro habilitado será o do Campo da Festa, ao pé da Polideportiva de Castelo e a aproximadamente 200 metros da zona de visionado. Con motivo da actividade, a estrada DP-1708 permanecerá cortada ao tráfico entre as 18.30 e as 22.00 h, polo que será necesario utilizar o desvío por Vilaverde.
E despois da eclipse?
A festa continuará en Folgueira, diante de Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta. Na contorna da zona de visionado haberá unha barra de auga e cervexa e, na Taberna, o público poderá desfrutar da oferta habitual de comida e bebida. Ao remate da eclipse comezará o concerto de BÖJ e serviranse racións de churrasco por 15 euros, con pan incluído.
Esta iniciativa conta co apoio de Máis Enerxía, patrocinador do Castelo Conta.
