A noite grande das músicas populares: espontánea, participativa e chea de enerxía, a foliada do Castelo Conta promete deixar o torreiro tremendo.
A noite do mércores remata por todo o alto coa Gran Foliada do Castelo Conta, unha celebración aberta e chea de música onde a festa é protagonista e o protagonismo, de quen queira participar.
A partir das 22.30 h, a nosa música e a improvisación crearán unha noite de baile, canto e alegría. Un encontro pensado para desfrutar sen guión, no que se mesturarán asistentes, bailadores e músicos para compartir ritmos, historias e moita troula.



