Presentación do 9º Castelo Conta

O Castelo Conta é unha festa e, como non podía ser doutra maneira, presentouse con outra festa na que os veciños e veciñas, empresas colaboradoras e institucións xuntáronse para coñecer toda a programación que convertirá Castelo na capital da cultura no rural no mes de agosto.

Os representantes das institutucións e empresas patrocinadoras posan coa programación desta 9ª edición do Castelo Conta.
Xosé A. Touriñán deu a coñecer a programación da edición máis ambiciosa ata o momento.
Os veciños e veciñas non quixeron perder este acto que inicia a conta atrás para o Castelo Conta.
Natividade González, Deputada de Cultura da Deputación da Coruña, lembrou que estreara o cargo fai un ano na presentación do ano anterior.
O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o papel do festival na promoción da nosa cultura.
O Alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, agradeceu o traballo que fai a veciñanza e a colaboración entre institucións e empresas para sacar adiante o Castelo Conta.
Pedro González, de Deleite, mostrouse encantado de seguir colaborando cun festival ao que chegaron na primeira edicion “para botar unha man” e xa non entenden non estar.
Loreto Rodríguez expresou o compromiso de Estrella Galicia cunha festa que é moito máis ca iso.
O dúo Cro-cró foi o encargado de poñer a música unha vez rematada a presentación oficial.
Os veciños e veciñas de Castelo son unha parte fundamental no desenvolvemento do festival.

Fotos: Aigi Boga

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.